Monday 29 de April de 2024

Samertolameu e Cabo conseguiron a bandeira dunha multitudinaria regata Teresa Herrera de traiñeiras


As 15 mellores embarcacións galegas competiron esta mañá na enseada do Orzán por este prestixioso torneo con 36 anos de historia na Coruña

A embarcación de Samertolameu na categoría masculina, e a de Cabo na feminina, acadaron o triunfo na triséximo sexta edición da Bandeira Teresa Herrera masculina de traiñeiras e nas sexta edición feminina. Esta mañá celebrouse esta tradicional proba, unha das máis veteranas do calendario deportivo coruñés, na enseada do Orzán.

O evento congregou a milleiros de persoas ao longo do Paseo Marítimo coruñés, tanto nesta xornada como na do sábado, cando se decidiu o título da Liga Galega de Traiñeiras durante a ronda clasificatoria do Teresa Herrera, que foi tamén para estes dous conxuntos, que se levaron a camisola amarela nas categorías masculina e feminina.

Este domingo, a xornada comezou coa tradicional ofrenda á xente do mar. A continuación disputáronse as regatas feminina e masculina, nas que participaron as 5 e as 10 mellores embarcacións do sábado, respectivamente. A competición foi moi emocionante e amosou a gran calidade das augas coruñesas para este tipo de deportes, que xa forman parte da tradición da cidade cada verán.

Travesía a nado de Santo Amaro
Por outra banda, este domingo disputouse tamén a tradicional Travesía a nado á enseada de Santo Amaro. A proba, que celebrou a súa octoxésima primeira edición, contou coa participación de 300 deportistas, que percorreron unha distancia aproximada de 1.200 metros, con saída e chegada na praia situada en Durmideiras. A vitoria foi para Miguel Martínez Novoa na categoría masculina e Lucía Villarnovo Pazos, na feminina.